Debate debate aberto : Pode achegar aportacións ata a data de remate da votación 31 Xullo 2017
Sinopse
Votación
Información xeral
Tipo: Debate aberto con votación
Categoría: Centros e Aulas
Propoñente: Administrador da Plataforma
Data alta proposta: 15 Xuño 2017
Data de remate: 31 Xullo 2017
Ámbito xeográfico: Concello de Teo
O debate
Por orde de solicitude ou por sorteo.
Hai veces que as previsións se desbordan e hai máis solicitudes ca prazas para unha actividade. Hai dous xeitos de decidir como se adxudican as prazas, ou ben o facemos segundo a orde de solicitude ou ben por sorteo.
Calquera das dúas opcións ten avantaxas e inconvenientes. A valoración de cada unha destas opcións correspóndevos a vós, xa que todos e todas nos beneficiaremos delas ou pola contra as sufriremos. Temos pois ata o 30 de xullo para decidir que sistema adoptamos para o acceso ás actividades municipais.
Nota : As persoas que precisen axuda técnica para votar poderán facelo na Aula de Informática do Concello e na Mediateca do Grilo.
Aportacións ao debate
Co sistema de orde de
Co sistema de orde de inscrición sempre quedamos fóra as que non podemos ir ao rexistro en horario de mañá. Voto polo sorteo, é o máis xusto.
Por sorteo puede quedar un
Por sorteo puede quedar un hijo tuyo dentro y otro fuera del servicio, además la inscripción entra por registro, me parece más transparente.
por orden de inscricion ,non
por orden de inscricion ,non estar pendentes de sorteos os que posiblemente nunca sairia.outra opcion seria tendo en conta a demanda ofertar mais prazas
por orden de inscricion
por orden de inscricion pareceme moito mais xusto e legal pois xa se avisa con antelacion.
que as tuas obrigas non
que as tuas obrigas non afecten os teus direitos, hay xente que non ten tempo para deixar todo e apuntarse rápidamente nembargantes ten direito o servizo.
Hai xente que ten
Hai xente que ten flexibilidade horaria para inscribirse rápido. Outra xente teno máis difícil. O sorteo neutralizaría esta disparidade.
Por orde de inscrición sempre
Por orde de inscrición sempre que exista un aviso previo e apertura e inicio de inscrición. Tamén sería aconsellable o rexistro automático e non manipulable na base de datos do día e a hora de inscrición.
Paréceme o método mais xusto, xa que os sorteos só son válidos se se sortea un número de inscrición e a partir dese número cóntase ata cubrir vacantes. O sorte nominal, sempre dá problemas.