Consulta sobre as camelias da travesía de Cacheiras

Sinopse

Retirar ou non as camelias da Travesía de Cacheiras nos treitos de rúa nos que o espazo sexa insuficiente para compatibilizar as árbores e o tránsito de persoas.

Votación

Retirar as camelias da Travesía de Cacheiras nos treitos de rúa onde non hai espazo para as árbores e o tránsito de persoas
79% (%count votos)
Deixar as camelias no sitio no que están na actualidade.
21% (%count votos)
Votos totais: 52

Información xeral

Tipo: Debate aberto con votación

Categoría: Outros / Descoñecido

Propoñente: Administrador da Plataforma

Data alta proposta: 14 Xaneiro 2018

Data de remate: 14 Marzo 2018

Ámbito xeográfico: Concello de Teo

Información complementaria

O debate

A Travesía de Cacheiras, estrada autonómica á altura do tramo urbano da parroquia de Cacheiras, é unha rúa que no seu día tivo algúns erros de deseño e planificación. Un dos máis graves é que ten unhas beirarrúas moi estreitas. Co ánimo de humanizar e facer máis acolledora aquela estrada, que se estaba a converter en rúa, plantáronse unha fila de camelias a cada un dos lados. Estas árbores, a pesar de non teren un crecemento rápido, supoñen un atranco para os desprazamentos dos peóns, con especial dificultade para o transito de cadeiras de rodas, persoas con andadores, carros de nenos/as ou simples carros da compra nalgún dos tramos.

Aínda que tamén é certo que a presenza destas árbores fai máis acolledora a estrutura urbana neste tramo, xa que, aínda sen flores, hai moitas persoas que gustan da presenza dun pouco de natureza nos espazos máis urbanizados. Cando teñen flor, a beleza que achegan é indiscutible. Tamén se debe ter en conta que foron plantadas enriba de redes de subministración e sen as medidas mínimas de illamento.

Ante esta situación caben dúas saídas, unha é manter as camelias no seu lugar e ir ampliando as beirarrúas a medida que o desenvolvemento urbanístico de Cacheiras o permita. Outra, pola contra, consiste en retirar todas aquelas árbores que dificulten o paso polas beirarrúas de Cacheiras. Esta última posibilidade implica cortalas, xa que non é factible facer un proceso de traslado que garanta a súa supervivencia.

Alternativas:

Deixar as camelias no sitio no que están na actualidade.
Retirar as camelias da Travesía de Cacheiras nos treitos de rúa nos que o espazo sexa insuficiente para compatibilizar as árbores e o tránsito de persoas.

Ignacio Iglesias Villar

Concelleiro de Benestar e Igualdade

Concello de Teo

Aportacións ao debate

As arbores nas beirarúas, impiden que poidas andar por elas, salvandote de non poñer un pé onde están plantados, impiden andar ben xa sexa con carros da compra, con carros de nenos ou sillas para persoas de nula movilidade que teñen que usar sillas de rodas, tendo que baixar á estrada para poder moverse. Ademais supoñen un grave perigro, pois ó cairlle as follas e frores, a posibilidade de esbarar e moi alta, co que hai que andar con moito coidado. As árbores hai que plantalas en beirrrúas anchas onde haxa espacio suficiente para elas e os cidadans.

Quitar as camelias

Entendo que sacar as camelias ou outras árbores das beiraruas debería ser un traballo a facer en todos aqueles lugares donde atrancan o paso da xente, carros de meniños, cadeiras de rodas, etc. tanto en Cacheiras, Igrexa de Calo e outros lugares.

Non só habería q eliminalos donde non hai espazo. Penso q nun Concello rural como Teo os camelios na beirarrúa, aparte de impedir a mobilidade á xente con carritos de nenos, cadeiras de rodas, o risco de esbalar polos restos de flores e folla para xente con dificultades para andar

Non só habería q eliminalos donde non hai espazo. Penso q nun Concello rural como Teo os camelios na beirarrúa, aparte de impedir a mobilidade á xente con carritos de nenos, cadeiras de rodas, o risco de esbalar polos restos de flores e folla para xente con dificultades para andar

Creo que ante a imposibilidade de anchear as beiraruas débense sacar as camelias, moi o meu pesar, pero nunha zoa rural con verde por todolos lados as beiraruas son pa xente non pas arbres

Creo que ante a imposibilidade de anchear as beiraruas débense sacar as camelias, moi o meu pesar, pero nunha zoa rural con verde por todolos lados as beiraruas son pa xente non pas arbres

Eu creo q son molestas para o transito das persoas en todas as zonas q estan postas

Penso que se debe buscar outra solución que contemple conservar as camelias. Estou dacordo con que a beirarrúa debe permitir o paso para os peóns, cadeiras, sillas de bebé... Pero ó meu entender débese buscar una solución que contemple a conservación das camelias, para min parte da identidade de Cacheiras

Fronte a Aldea de Atán hai tamén un par delas bastante molestas.

.