Escolle o logo para o Concello de Teo

Sinopse

O concello de Teo necesita unha imaxe que o identifique. Un logo, que cando vexamos saibamos que se trata de Teo. Esta imaxe irase estendendo a unha gran diversidade de soportes municipais, e polo tanto será moi vista.

Votación

Logo 2
55% (%count votos)
Logo 1
41% (%count votos)
Logo 3
4% (%count votos)
Votos totais: 301

Información xeral

Tipo: Debate aberto con votación

Categoría: Outros / Descoñecido

Propoñente: Ignacio Iglesias Villar

Data alta proposta: 4 Maio 2017

Data de remate: 30 Xuño 2017

Ámbito xeográfico: Concello de Teo

Información complementaria

Logo 1

Logo 2

Logo 3

O debate

Unha imaxe de nós

A participación da cidadanía na vida municipal non debera reducirse a votar cada catro anos. Hai decisións que, en vez de de tomalas os/as representantes políticos, é ben que se abran á participación da cidadanía do concello. Estes procesos de participación son complexos e necesitan dun esforzo extra da administración e dos/das que nel participan pero, pola contra, as decisións ás que se chega teñen maior representatividade e lexitimidade. Elixir cal vai ser a imaxe que represente ao concello de Teo no século XXI é unha cuestión que vai ter transcendencia nos próximos anos.

As propostas sobre as que ides poder decidir son o resultado dun proceso ao que o concello convocou a varias empresas, ás que se lle deron unhas directrices técnicas orientativas e unha liña de traballo base, os petróglifos de Teo como riqueza a proxectar. O resultado tédelo agora aquí. Son tres imaxes que aspiran a ser cotiás para todos e todas nós en distintos soportes, e que cando as vexamos nos identifiquen como concello, como administración, pero tamén como territorio e como poboación. Só se escollerá unha, e a decisión está xa nas mans dos homes e mulleres que viven en Teo.

Tras a escolla, a imaxe gañadora deberá ser traballada para adecuala a todas as necesidades que se presenten e aos distintos soportes e espazos, segundo as directrices do seu deseñador. Diante de vós tedes as tres imaxes resultantes do proceso previo, entre as cales deberedes escoller a que consideredes máis axeitada.

Para coñecer a idea na que se basean e ver como os/as autores a desenvolveron, podedes consultar os dossieres que as acompañan presentados polos seus creadores. De seguro que vos axudan a crear unha opinión fundamentada e a entendelos mellor.
O voso criterio é soberano e a suma do conxunto será decisiva.

Aportacións ao debate

#50 Arriba, nesta mesma páxina, no apartado "votación", ¿non vedes unhas casillas para seleccionar o voto e un botón para confirmar?

Parece que non estaría mal poñer aquí nesta páxina, ben visibles, unhas instrucións de funcionamento claras e gráficas (para rexistrarte pincha aquí, para votar pincha aquí, se tes dúbidas chama a este tlf)... posiblemente igual que hai xente que se rexistrou pero non sabe como votar, haberá outros que nin sequera conseguiron rexistrarse... somos moitos votantes, e moitos non tocaron un ordenador na súa vida...

Tes que entrar en debate con votaciòn e selecionar o logo que elixas e listo.

Estou intentando votar e non sei como facelo, alguen pode explicalo?
Xa din mil voltas e non sei que máis facer

EU TAMEN ESTOU INTENTANDO VOTAR PARA O LOGO NUMERO 2 PERO NON ME VEXO DONDE TEÑO QUE FACELO ???

O meu voto para o número dous. Teño q facer algo máis?

Se o num 2 responde máis a definición do que é un logo tal como o de Repsol ou CaixaBank (por exemplo) enton ¿ que pintan en todo este plantexamento os petroglifos como identidade de Teo ?

Na miña modesta opinión o número 2 responde mellor á definición do que é un logo. Polo que teño mirado en materiais relacionados coa temática da imaxe e o deseño un logo non tería que levar texto ningún. A súa finalidade é que se asocie a propia imaxe co que representa. Entendo as opinións que prefiren que se lea a palabra "Teo", se cadra para un concello é máis oportuno pero en todo caso é cuestión de gustos.
De todos os xeitos comprometinme co meu alumnado a votar o que eles e elas escolleran, e gañou o nº 1, por pouca diferencia co nº 2. E cumpro o meu compromiso.

Respecto ao debate sobre a baixa participación, a min paréceme significativa a complicación de que sexa unha votación exclusivamente telemática. Eu teño bastantes familiares maiores que nin sabían de que ía a votación esta, nin tiñan medios para participar dela. Penso que a toda esa xente tamén se lle debería dar voz dalgunha maneira. Se cadra así non teriamos que pasar os vindeiros anos explicando por que un monigote chiscando un ollo representa ao concello de "To".

Respecto ao da carretaxe de votos que falan por aí, eu recoñezo que axudei a eses familiares a votar porque non tiñan outros medios. Pero teño a tranquilidade de que deixei que escolleran eles o logotipo da súa preferencia. Pero vendo os resultados das últimas horas, xa non sei que pensar...

En fin, agardo que vendo os bos resultados e os criterios de quen participou do debate, o concello garde o fermoso logo dun dos poucos cánidos representados nos gravados rurais galegos para cuestións futuras e non o desbote sen máis. Acaso hai algo máis representativo que aquilo que nos diferencia do resto da arte rupestre galega?

Eu tamén votei sen deixarme levar por simpatías pq me parece un tema importante.
Creo que o Concello non pode estar contento coa resposta da cidadanía xa que só 200 votos non deberían poder elexir o logo do Concello. Falta máis publicidade e sobre todo cómo se pretende que se faga en dous meses!

somos conscientes da necesidade de simplificar o proceso, pero non podemos facelo a lixeira, hai unha necesidade de comprobar os datos. De feito os informáticos son conscientes de este problema, e están intentando solucionalo. Tamén é certo que despois da alta na plataforma, que é o mais latoso, a participación será mais doada.

somos conscientes da necesidade de simplificar o proceso, pero non podemos facelo a lixeira, hai unha necesidade de comprobar os datos. De feito os informáticos son conscientes de este problema, e están intentando solucionalo. Tamén é certo que despois da alta na plataforma, que é o mais latoso, a participación será mais doada.

Informamos a todas as persoas que este debate pechase cando remate o día 30 de xuño. Como se trata do primeiro debate as persoas interesadas teñen que facer a solicitude de alta na plataforma. Dado o interese nestes últimos días, revisaranse as solicitudes de alta o venres ás 21.00 horas, e daranse as altas para votar das que cumpran os requisitos. a partir de esa hora as solicitudes de alta comprobaranse o luns día 3.

Máis alá do debate sobre os logos, non entendo como unha cuestión que nos afecta a todos, como é a elección da imaxe do noso concello, teña un sistema de votación tan pobre como esta. Non me estraña que o número de votacións sexa tan pésimo (non votaron nin 300 persoas dun censo de case 20.000), xa que o sistema e a páxina web son en si é da mesma calidade. Optaron por un deseño visual ultramoderno e deixaron moi atrás a súa funcionalidade e simpleza. Ata a min, un rapaz amante da tecnoloxía, me costou realizar o meu voto.

#38 ah! eso por suposto! a min o "carrexamento de votos" moléstame tanto dun lado como doutro. Eu teño a conciencia ben tranquiliña. Votei por min e por nadie máis. Fixen referencia ao número dous porque a min persoalmente me chegaron a través de diferentes amigos e coñecidos whatsapps e mensaxes por facebook instándome a votar polo logo dous (cando eu xa había semanas que votara, e que o fixera polo 1 porque si, é o que máis me gusta). Por eso fixen referencia ao 2, pero vamos, que igual de mal me parece que sexa dun lado coma doutro.
A min esto de "y tu más" non me vai.... Cánsame bastante.

#37 Creo que tes parte de razón, non entendo como en menos de media hora o logo 1 conseguiu pasar de 93 a 107 votos e polos últimos comentarios... xa vemos o que é e a donde nos leva este debate.

Quizáis ademáis de controlar que as e os que votamos estamos censados en Teo, quizáis estaría ben tamén chequear as IP dende onde se vota, porque se todo o mundo, polo que se ve nos comentarios, prefire o logo 1, pero é o 2 o que foi gañando todo o tempo (e seguramente acabe ganando...) habería que pensar que pasa.... A min chéirame que estamos ante un "carrexamento de votos dixital"....

#35 Para min está claro que os votos do logo 2 son de rapaces moi novos que se fixan máis na estética modernista que no significado. Seguro que a maioría deles nin se molestou en ler a explicación de cada un, porque de telo lido decataríanse de que o logo 2 non se entende a primeira vista, que á a primeira condición que debe ter un logo.

Eu tampouco entendo, pabloaller. Penso se haberá quen volte polos autores para que gañe o seu logo, non pola calidade ou idoneidade del. Para min unha mágoa.

Non entendo, lendo os comentarios a gran maioria di que o logo número 1 e o mais axeitado, pero pola contra ten mais votos o número 2. Pero bueno eu votei polo número 1

#32 Ese é o quiz. Independentemente do gusto subxectivo de cada cal, parece que nese aspecto que apuntas é onde podemos falar con máis obxectividade: o 2 é confuso. Un nº 70, unha cara chiscando un ollo, un ideograma chino... non queda claro. Require explicación. Pero un logo ten que funcionar solo. Detalle importante.
No 1 enténdense os petroglifos. Pero aínda no caso de que haxa xente que non os perciba de primeiras, alomenos lese ben claro “Teo”. Xa é algo!

Ola , votei polo logo 1 porque me parece boa idea incluir os petroglifos e estéticamente me gusta , o logo 2 tamén é bonito pero coincido con algunha opinion de que, sen explicación previa, nadie vai pensar que intenta recorder un petroglifo , mais ben parece unha cara dun señor con gafas!

Aínda estando de acordo co que dis (Ana María) e sendo correcto o razoamento, este sería aplicable a un concurso aberto de ideas sobre o logo de Teo pero, tamén na miña humilde opinión, esquece a proposta inicial a partir dos importantes petróglifos de Teo para atopar en elles unha seña de identidade que nos represente. Por iso eu identifícome moito máis co 1 que co 2.

Hoxe lendo algún comentario dos que aparecen por aquí animeime a escribir este comentario para dar unha opinión un pouco mais ampla do que eu creo, na miña humilde opinión, debería de ser un logo paro o Concello de Teo. A simplicidade é unha característica do deseño de calidade. A simplicidade, que non a simpleza nin a simplificación, baséase no entendemento profundo do asunto que se quer transmitir e na capacidade de facelo dunha forma clara, concisa e orixinal. A simplicidade nin se inventa nin é produto da intuición, se non do traballo:
Proximidade: Os deseños sinxelos son máis doados de entender e favorecen o uso inmediato e a exploración exhaustiva dos recursos do deseño.
Identificable: Son máis facilmente recoñecibles e asimilables, xa que presentan menos información superflua.
Inmediatez: Os deseños sinxelos teñen un impacto maior precisamente porque a súa facilidade de comprensión fanos inmediatamente recoñecibles cun esforzo consciente mínimo.
Funcionalidade: Por todo o anterior soen ser tamén os máis sinxelos de usar.
Non é casualidade que os símbolos máis potentes soan ser tamén os mais sinxelos. Por todo isto creo que o logo 2 é o mais axeitado e orixinal das tres propostas presentadas.

A verdade e que hai pouco debate e pouca participación ante cousa tan importante como é a elección de logo para o Concello.
Por engadir algo as miñas aportacións anteriores direi que pola marcha das votacións parece ser que a poucos lle importa o plantexamento inicial e que transcribo literalmente ".....As propostas sobre as que ides poder decidir son o resultado dun proceso ao que o concello convocou a varias empresas, ás que se lle deron unhas directrices técnicas orientativas e unha liña de traballo base, os petróglifos de Teo como riqueza a proxectar. O resultado tédelo agora aquí. Son tres imaxes que aspiran a ser cotiás para todos e todas nós en distintos soportes, e que cando as vexamos nos identifiquen como concello, como administración, pero tamén como territorio e como poboación. Só se escollerá unha, e a decisión está xa nas mans dos homes e mulleres que viven en Teo....."
Por tanto parece que o que prima son outros conceptos como a simpleza, a modernidade ¿? .... en todo caso, plantexado así, pouco importan os petróglifos e poderíanse aportar outras ideas diferentes o logo 2 incluso máis bonitas e orixinais. Sigo apostando, na miña tese polo logo. 1

A verdade e que hai pouco debate e pouca participación ante cousa tan importante como é a elección de logo para o Concello.
Por engadir algo as miñas aportacións anteriores direi que pola marcha das votacións parece ser que a poucos lle importa o plantexamento inicial e que transcribo literalmente ".....As propostas sobre as que ides poder decidir son o resultado dun proceso ao que o concello convocou a varias empresas, ás que se lle deron unhas directrices técnicas orientativas e unha liña de traballo base, os petróglifos de Teo como riqueza a proxectar. O resultado tédelo agora aquí. Son tres imaxes que aspiran a ser cotiás para todos e todas nós en distintos soportes, e que cando as vexamos nos identifiquen como concello, como administración, pero tamén como territorio e como poboación. Só se escollerá unha, e a decisión está xa nas mans dos homes e mulleres que viven en Teo....."
Por tanto parece que o que prima son outros conceptos como a simpleza, a modernidade ¿? .... en todo caso, plantexado así, pouco importan os petróglifos e poderíanse aportar outras ideas diferentes o logo 2 incluso máis bonitas e orixinais. Sigo apostando, na miña tese polo logo. 1

O logo nº2 está ben, pero o que máis me gusta é o nº1. Comparto o comentario de Pablen.

o logo número é un bonito petroglifo....bo iniciativa..adiante Teo

o logo número é un bonito petroglifo....bo iniciativa..adiante Teo

Boa tarde, a min paréceme que o logo que máis se achega a esa imaxe xenuina que se quere transmitir do concello de Teo é o logo número un. O logo número dous non se entende sen consultar a información adicional e o logo número tres, para min, non transmite tanto coma o número un. Un saúdo.

Comparto absolutamente a aportación de Pablen

Comparto absolutamente a aportación de Pablen

O logo 2 BOISIMO cada vez que o vexo mais me gusta, un logo do sèculo XXI pa un concello do sèculo XXI

O comentario e votación é para o logo número 2, sinto, puxen comentario pero con indiquei o número de logo.

Unha cousa é un deseño de aspecto moderno e outra é que non represente para nada a Teo. Se quitamos a lenda co nome, o logo 2 podería ser "TO" pero tamén un "70" e ata un emoticono dun home chiscando un ollo como me dixeron os rapaces dunha escola. Tes que ser un experto para ver un gravado prehistórico nese deseño. Se o que pretendemos é un logo que identifique rapidamente á arte rupestre e o concello o primeiro logo penso que é máis idóneo.

Unha cousa é un deseño de aspecto moderno e outra é que non represente para nada a Teo. Se quitamos a lenda co nome, o logo 2 podería ser "TO" pero tamén un "70" e ata un emoticono dun home chiscando un ollo como me dixeron os rapaces dunha escola. Tes que ser un experto para ver un gravado prehistórico nese deseño. Se o que pretendemos é un logo que identifique rapidamente á arte rupestre e o concello o primeiro logo penso que é máis idóneo.

Voto polo logo 2.Para q a xente asocie 77 logo co se referente ten q ser limpio e sinxelo. Un cambio de logo, fai se para actualizar e q a medio plazo siga a ser bonito e moderno.
Pensó q os otros logos valeriana para otros concello so con cambiarlo o nome o diseño.
O dous ten forma para q todos e todas nos fixemos n el e para transmitir cara a forma a idea de un Concello sin caspa.

Para min é o máis sinxelo e o mesmo tempo, máis significativo.

apunto, a recomendación

A min paréceme confuso que a gráfica das votacións esté ordenada de maior a menor. Non se podería manter a orde 1, 2 e 3 para, dun simple golpe de vista, saber cómo vai a votación?

Entendo. Presentado asi...
Volvendo o anagrama, o 2 precisa de explicación pa xente do común: petroglifo do que se extrae un cervo o que se lle extrae parte da figura, que se xira, que unha das liñas se transforma nun O... resultado un xeroglífico sinxelo TO ( TeO)
O numero 1 a primeira vista sábese o que é e de donde é.
Mais nada. Sorte co elexido.

Quería decir que Óscar ten toda a razón, e tamén Boleia. Ó meu parecer o logo 2 é infumable, e o 3 demasiado feo e demasiado pouco imaxinativo.

#4 Tes toda a razón do mundo, e ademais o logo 2 vén sendo, ó meu parecer, algo moi traído polos pelos para intentar xustificar un deseño modernista sen a menor relación nin cos petroglifos nin con ningunha outra cousa do concello. Sequera intentaran facerlle un guiño a unha ponte ou algo, pero nada de nada.

Estimada veciña, a documentación que se fixo publica das propostas dos logos, foi a que as empresas nos fixeron chegar. A información facilitada as mesmas foi a mesma, e os requerimentos igual. Cada unha desenvolveu a súa idea baseandose en puntos de partida iguais. sintoma na obriga de publicar esta información para que poidas entender mellor a túa percepción sobre os proxectos.
Grazas por participar e opinar, e construir Teo.

Os tres logos non compiten en igualdade de condicións. A presentación do 2 incita a súa escolla.
Deberían presentarse os tres nas mesmas aplicacións (botella,bolsa...). En todo caso o 2, para min, non representa a idea primeira que se nos quere transmitir, os petróglifos de Teo como símbilo do Concello, é unha idea bonita, sn máis, como pode ser un trisquel ou calquera outro símbolo.
Para min , claramente o 1, é bonito, é un petróglifo i é de Teo.

Pois a min gústame máis o logo 1. En contra do que pode parecer, o logo 2, para min, non representa ningún petroglifo, está moi ben inventado, pero non é realista. O logo 1 está formado en cada unha das súas letras, por un petróglifo de Teo. O terceiro é o que menos me gusta, porque para aparecer o nome do concello cortado é mellor que non apareza.

O logo 2, o máis completo

Pois debatendo aquí cos amigos vemos que o Logo 2 é o máis completo, orixinal e moderno. Por un lado é o máis versátil, visto aplicado aos diferentes soportes (botellas...) queda moi ben en todos; tamén é orixinal porque emprega un petróglifo, pero non o fai ao uso copiando unha forma que podería identificarse con calquera Concello con petróglifos senón que crea unha imaxe propia que só se identifacará co Concello de Teo, e que lle dará identidade propia, coas letras de Concello de Teo ben lexibles. Así facendo marca Teo!!!
E por último comentabamos que é moi elegante, formas sinxelas, limpas que darán xogo para todas as concellerías e para diversos usos en temás económicos ou culturais... No Logo 1 e no Logo 3 cremos que non se conseguiría iso, porque son formas moi dispersas e seguramente que ao aplicalas en diferentes soportes non quedarían ben en todos ao ocupar tanto espazo cos petróglifos. De todos os xeitos, dicir que bo traballo polos tres participantes, son 3 boas ideas. E ben pola iniciativa, hai que modernizar a imaxe de Teo!!

A min o logo 2 e o que máis me gusta, funcional e visualmente relacionase fácil co nome de teo. Parabens os autores!!!

O logo 1 é no que se lee claramente Teo e ademáis vese claramente que o cabalo trátase dun petroglifo.

Creo que o Logo 1 e o máis axeitado e sen dúbida é o máis claro. O Logo 2 non amosa con claridade nin o nome do concello nin un petroglifo.

Eu na opción número 2 non leo «TEO». Leo «70». Rebuscado de máis. Optei pola 1.