Debate debate aberto : Pode achegar aportacións ata a data de remate da votación 30 Xuño 2017
Sinopse
Votación
Información xeral
Tipo: Debate aberto con votación
Categoría: Outros / Descoñecido
Propoñente: Ignacio Iglesias Villar
Data alta proposta: 4 Maio 2017
Data de remate: 30 Xuño 2017
Ámbito xeográfico: Concello de Teo
O debate
Unha imaxe de nós
A participación da cidadanía na vida municipal non debera reducirse a votar cada catro anos. Hai decisións que, en vez de de tomalas os/as representantes políticos, é ben que se abran á participación da cidadanía do concello. Estes procesos de participación son complexos e necesitan dun esforzo extra da administración e dos/das que nel participan pero, pola contra, as decisións ás que se chega teñen maior representatividade e lexitimidade. Elixir cal vai ser a imaxe que represente ao concello de Teo no século XXI é unha cuestión que vai ter transcendencia nos próximos anos.
As propostas sobre as que ides poder decidir son o resultado dun proceso ao que o concello convocou a varias empresas, ás que se lle deron unhas directrices técnicas orientativas e unha liña de traballo base, os petróglifos de Teo como riqueza a proxectar. O resultado tédelo agora aquí. Son tres imaxes que aspiran a ser cotiás para todos e todas nós en distintos soportes, e que cando as vexamos nos identifiquen como concello, como administración, pero tamén como territorio e como poboación. Só se escollerá unha, e a decisión está xa nas mans dos homes e mulleres que viven en Teo.
Tras a escolla, a imaxe gañadora deberá ser traballada para adecuala a todas as necesidades que se presenten e aos distintos soportes e espazos, segundo as directrices do seu deseñador. Diante de vós tedes as tres imaxes resultantes do proceso previo, entre as cales deberedes escoller a que consideredes máis axeitada.
Para coñecer a idea na que se basean e ver como os/as autores a desenvolveron, podedes consultar os dossieres que as acompañan presentados polos seus creadores. De seguro que vos axudan a crear unha opinión fundamentada e a entendelos mellor.
O voso criterio é soberano e a suma do conxunto será decisiva.
Aportacións ao debate
El logo que mas me gusta es
El logo que mas me gusta es el 1.
Segundo o vexo, o máis
Segundo o vexo, o máis acertado é o logo 1: a) a palabra “Teo” é claramente lexible, b) a referencia ao petróglifo tamén é clara: tanto polas formas (son varios petróglifos combinados con enxeño e reproducidos tal cal, sen modificar) coma polo trazo, con un punto digamos rudo, irregular, que trata de reproducir o grafismo típico do petróglifo. Quedan ben trenzados elementos Teo/petróglifo.
No logo 2 as liñas están tan limpas e estilizadas que a idea de petróglifo esvae e perde potencia. E as formas son máis confusas que nas outras propostas: cóstame tanto ler “Teo” coma ver petróglifos concretos aí.
Parabéns a todos polo traballo. Un saúdo!
Paréceme o mais claro e
Paréceme o mais claro e
daste de conta que non nos dis cal?
Paréceme o mais claro e
Paréceme o mais claro e funcional