Niño de belutina

Preto do camiño portugués no lugar da Pedreira hai un niño de belutina nunha árbore. Medra a bo ritmo por eso seria bo retiralo canto antes.
Resposta pública do/da responsable:
Ola Xosé, os niños de velutina neste momento estanse desfacendo. As raiñas morreron en novembro, e aínda que algunhas obreiras poidan sobrevivir uns meses mais, o enxamio esta descabezado e morrendo. a estas alturas leva case 3 meses sen mantemento e pronto, se non o fixo xa, comezara a desfacerse pola parte inferior. Neste momento do ano, as raiñas fundadoras, as que procrearan as colonias do 2019, están invernando e activaranse en poucos días ou semanas. É posible que con esta calor se adianten este ano. Estas raíñas son sobre as que hai que incidir neste momento mediante trampeo selectivo. De todos os xeitos se o niño é unha molestia pode chamar ao 012 para solicitar a súa retirada. Este é un servizo competencia da xunta de Galicia, con base na Estrada.
Pechada
Outros
26-02-2019

OUTROS AVISOS REXISTRADOS NA PLATAFORMA