Incidencia sen solucionar

A semana pasada enviei aviso de que estábamos sin alumeado publico en Samar e Valiñas desde a tormenta da semana anterior. O aviso foi cerrado como que xa debería estar solucionado cando non viñera nadie a ver a avería. O viernes acerqueime o concello a notificalo, e pasaron a velo e solucionaron parte do alumeado. A primeira farola de Samar, na que estuberon mirando co camión grua, NON FUNCIONA, iluminase un pouquiño solo apreciable se miras debaixo dela. Desconozco que ten que solucionalo se o Concello ou a empresa subcontrata de sustitucion de alumeado, pero en calquera dos casos, agradecería que se solucionase.
Resposta pública do/da responsable:
Bo día: As incidencias pechámolas unha vez que se envía aviso aos técnicos, que durante a semana pasada estiveron a tentar arranxar a incidencia. Pechada non quere decir arranxada, só se trata do funcionamento da plataforma de avisos. A incidencia non está totalmente arranxada, nin alí nin en Freixeiro debido a que o raio estropeu algunha luminaria, conforme sinalan os técnicos. Pola Semana Santa foi imposible acadar repostos pero agardo que esta semana xa teremos o tema solucionado por completo. Grazas
Pechada
Farois
22-04-2019

OUTROS AVISOS REXISTRADOS NA PLATAFORMA