Acerca da plataforma

Benvidos e benvidas a este novo instrumento de comunicación do Concello de Teo.

Somos Teo representa un paso máis no noso afán de facilitar que as persoas do concello poidan comunicarnos o que pensan, o que senten e o que ven. Ter esta liña aberta posibilita gobernar contando con vós, facilita a participación cidadá na toma de decisión e permite elaborar, entre todos e todas, unhas conclusións que axuden a facer Teo un lugar mellor.

Con esta ferramenta podedes simplemente observar e ler o que as demais persoas achegan, e por suposto facer as consultas que estimedes necesarias, ou tamén darvos de alta e participar de xeito activo nos debates que poidan xurdir, permitíndovos así, facer consultas que queden arquivadas no voso espazo.

En resumo, tentamos adaptarnos para que o acceso sexa doado e adaptado aos intereses de cada persoa. E dende logo, evolucionaremos para introducir os cambios que sexan necesarios co fin de que sexa eficaz para todos e todas.

Como todo instrumento, espera que lle deamos uso, cousa que vos convidamos a facer.

Grazas por axudarnos a construír Teo.